domingo, 1 de mayo de 2011

XOGOS TRADICIONAIS NOS PATIOS.


Os zancos
 


As chapas














        Aproveitando a chegada do sol e do bo tempo, unha vez máis os alumnos de 5º curso de Educación Primaria terán a ocasión de sair ós patios a participar e coñecer xogos tradicionais propios da cultura galega. Tratarán de ser bos equilibristas cos seus zancos, gañar carreiras de chapas ao máis puro estilo Fernando Alonso, afinar a puntería para dar de comer ás ras ou para facer soar unha chave, ou golpear os bolos para mandalos o máis lonxe posible e así acadar unha morea de puntos. 


Unha pequena mostra.
 
 
Os zancos, o xogo da chave, bolos ao canteiro, chapas.

                     Se queres saber máis sobre xogos tradicionais prende aquí.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario